ALALÁ XOIAS
O luxo na costura
Baixar
Baixar
Baixar
Baixar
Baixar
Baixar
Baixar
2020

Un Alalá é unha peza de costura clásica, deseñada e cosida sen présas (de catro a vinte semanas), e enriquecida cos máis fermosos adobíos.
Alalá é unha actitude, un xeito singular de sentir a cultura do vestir.

Sobre todos e cada un dos traxes xoia de ALALÁ flota unha intensa sensación de luxo, calma e voluptuosidade, froito do virtuosismo e mestría cos que se aborda cada novo proxecto.
Na liña xoia abondan as referencias ás aristocráticas heroínas de Goya, á epicúrea feminidade das pinturas fauvistas ou á simboloxía e forza da cor do mestre Seoane.
Abelorios de cristal, adornos de metal e porcelana, pedras preciosas e semipreciosas, contas de madeira, tules, plumas, acibeche e metais preciosos fan de cada Alalá un traxe xoia único e irrepetible.

Na liña xoia, os forros, os ollais, os bordados e cosidos fanse enteiramente a man, sendo o punto mestre o noso selo distintivo, o punto que marca a diferenza.
As nosas pezas xoia cobran vida a partir dunha toile ou glasilla, que representa unha parte imprescindible do noso traballo. É o prototipo no que marcamos pinzas, escotes, caídas etc. A toile permítenos axustar ata o milímetro o deseño e obter o patrón final que fixe os cimentos do modelo definitivo.
