ALALÁ CAPRICHO
De colección
2020

Prêt- à- porter e costura de luxo para días e noites inesquecibles, así concibimos as nosas coleccións, repletas de propostas para homes e mulleres amantes do amor, a vida e a beleza; coleccións que ratifican a nosa aposta polo deseño de calidade e a mestría artesá, a esencia de Alalá Couture.

Revolución, O xardín de Carla, Ás beiras do Sar, La vie en rose, Valentia ou Sapore de mare son coleccións capricho que reflicten o noso amor polo detalle artesán e a exclusividade, por medio de novas liñas, estruturas e texturas, e sempre de maneira limitada e numerada.

O detalle, mimo e esmero cos que creamos as nosas coleccións maniféstanse nos perfectos cortes, nos tecidos coidadosamente elixidos e no remate final das pezas, con punto mestre, un dos máis apreciados sinais de identidade da firma, xunto ao cosido manual de todas as cremalleiras e peches.

Coleccións e cápsulas son sempre exercicios creativos marabillosos nos que nos implicamos unha, dous ou catro veces ao ano, que sempre revelan a nosa esencia e amor polo estilo e a moda.

As nosas propostas son caprichos con inspiración en Galicia e carácter internacional.

Quen somos?