ALALÁ CLASSIQUE
A tradición manda
2020

O sinal de identidade da nosa división de traxe tradicional é o método de confeción artesanal.

Para o traxe feminino empregamos o xeito de coser das costureiras da aldea e para o traxe masculino o xeito de traballar dos xastres, froito do legado familiar, que xeneración tras xeneración se nos ten trasmitido.

Na nosa casa os patróns son extraidos de prendas antigas, mais cando esto non é posible reprodúcense a partir dos tratados de xastrería e modistería dos séculos XVII, XVIII e XIX.

Como na actualidade, os nosos ancestros enpregaban un xeito de vestir diferente para cada momento, xa fose o día do seu casamento, un día de festa, un día de mercado ou no día a día; por iso, á hora de reproducir vestimenta sempre temos en conta o gusto de quen o vai vestir.

Normalmente, os traxes de gala resérvanse para actos solemnes como unha voda, as festas grandes da cidade, recepcións oficiais etc, pois é a estes actos aos que a gala máis dignifica.

Os traxes de cotío soen empregarse para circunstancias máis desenfadadas. Unha xuntanza de amigos para tomar uns viños, unha festa campestre, un xantar nunha romaría, etc.

A confección dun traxe non se limita a unha agulla co seu fío; interveñen factores como a tradición oral, o oficio de coser, as bibliotecas, pinacotecas, hemerotecas, os museos, os arcóns das casas ou a análise de retratos antigos. É a súa suma a que proporciona acabados perfectos.

O noso banco de datos e froito da recompilación e ordenación de todos os documentos que continuamente se están a recoller, ordear e estudar. A permanente interpretación das pezas a través dos sistemas clásicos e modernos é a nósa garantía para acadar unha reprodución totalmente fiel.

Aínda que o paso do tempo e as novas tecnoloxías menguaron a produción de ‘ingredientes’ orixinais, a división de traxe histórico de Alalá Couture busca en orixe todos os materiais que xastres e modistas empregaron no pasado para engalanar aos seus contemporaneos: panos de lá, sedas indias, brocados ingleses, fío holandeses, liño galego, estameñas do Caurel, abalorios checos e italiáns, fitas e galóns de múltiples orixes etcétera.

Dependendo da fonte, o sistema de reproducción e a complexidade das pezas, o tempo de execución varía, ocupándonos días, semanas ou meses.

Álex obtivo a máis alta acreditación oficial, a carta de artesán en traxes tradicionais populares galegos, en 1997, e o obradoiro a máis alta cualificación como taller artesanal, que lle outorgou a Consellería de Innovación e Industria no ano 2000.

Mais de trinta premios á confeción de traxe histórico avalan o traballo de Alalá Couture de cara á recuperación de traxe histórico, sendo este obradoiro é o máis antiguo de toda a comarca compostelá.

De colección