A FIRMA
Paixón pola costura
Baixar
Baixar
Baixar
Baixar
Baixar
Baixar
Baixar
2020

Paixón pola costura
Constituída formalmente en 2011, ALALÁ COUTURE é excelencia en costura e independencia en deseño e creatividade.

Paixón polo estilo
ALALÁ COUTURE, a liña de moda de MIRANDA PRIESTLY S.L., é unha iniciativa dos deseñadores Álex Regueiro e Fred Iglesias, que conxugan nela a súa formación en deseño, patronaxe e confección coa costura aprendida das súas nais e avoas.

Paixón polo deseño
Do boceto ao molde, e do molde ao modelo final, cada proceso é produto dunha proposta de deseño consensuada e da elección da liña máis axeitada a ese caso concreto.

Paixón polo luxo artesanal
Cativados pola idea dun auténtico luxo artesanal, Iglesias e Regueiro poñen toda a súa técnica e o seu savoir-faire ao servizo dun deseño rico en detalles e atemporal nas formas.

Paixón pola beleza
Desde a súa presentación en sociedade no verán de 2011 da man da princesa de Panagiuristhe, Carla Royo-Villanova, ALALÁ COUTURE soubo gañarse un lugar destacado dentro do mundo da moda, converténdose en modelo e referencia dentro do seu sector.

Paixón pola vida
Comprometidos coa idea da excelencia no deseño e na execución de todas e cada unha das súas pezas, as creacións de ALALÁ COUTURE atópanse a medio camiño da slow fashion e da ecocouture, nun terreo singular e verdadeiramente alleo ás présas. Un ALALÁ soborda joie de vivre e é amor pola moda, o estilo e a beleza.

Paixón pola nosa historia
O compromiso de Miranda Priestly coa sustentabilidade e coa contorna leva á firma para elaborar todas as súas pezas de maneira artesanal no seu atelier de Santo Domingo (Teo), podendo así poñer en valor a cualificadísima man de obra e excelente materia prima local.
